sábado, 9 de marzo de 2013

Xa están aquí!!


Xa están aquí as/os mozas/os de Acahualinca!! E este é o cronograma das visitas? Cando vai ao teu centro educativo?

LUNSMARTES MÉRCORESXOVESVENRESSÁBADODOMINGO
4


5


6


7



8



9


10
11
MAÑÁ
12:10 – 13:20
IES ALFONSO X (Cambre)
12
MAÑÁ
8: 45 – 10:15
IES MUGARDOS

11:40 -13:10
CPR JORGE JUAN


13
MAÑÁ

IES RIBADEO

14
MAÑÁ
IES ALLARIZ
10:40 -12:30
15
MAÑÁ
IES GUITIRIZ
11.20- 13:00
16


17

TARDE




TARDE

16:30 -18:00
IES URBANO LUGRIS

TARDE

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

TARDE

IES CARBALLO
16:40 – 18.00

TARDE


18
MAÑÁ
VILAGACRCÍA DE AROUSA
9:20 -11.45

19
MAÑÁ

CPI VEDRA 12:30 – 14:00

20
MAÑÁ
IES VERÍN
9:00 – 10:30

21
MAÑÁ
IES BLANCO AMOR
8.30 -10:10


22
MAÑÁ
CONCERTO SANTIAGO
23
24


ENCONTRO VOLUNTARAIDO PONTEVEDRA

IES MELIDE
16:20 – 18:00

TARDE

CONCERTO OURENSE




miércoles, 6 de marzo de 2013

Unha visita moi especial

Ola a todas e todos!! Como estades?
Na anterior entrada do blog anúncievos que na próxima sesión nos vosos institutos teremos unha visita moi especial. Xa sabedes de quen se trata? Síiiiii, estades no certo!! A nosa visita especial será nin máis nin menos que Yelda, Paola e Juan. Tres mozos do barrio de Acahualinca.
Que mellor opción de coñecer de primeira man a realidade da Chureca. Xa vimos vídeos, documentais pero, a súa visión é moi importante.
Así que ir preparando a vosa batalla de preguntas para que a visita sexa o máis produtiva posible.


Estades listas/os?? que podemos preguntarlles??

lunes, 4 de marzo de 2013

Agradecementos infinitos



Así estamos na oficina. Cheos de sobres! Que conteñen eses sobres?? Os vosos vídeos!! Esta é a mostra da alta participación que tivestes no concurso.
Dende Solidariedade Internacional de Galicia non podemos estar máis contentos e contentos!!! Sodes incribles!!
Só podemos darvos as grazas por esa calidade nos vídeos, polo voso esforzo, a vosa participación, a vosa dedicación, o apoio do profesorado....
Só pódovos adiantar que a calidade dos traballos é moi boa. Ídeslle poñer unha tarefa moi difícil ao xurado.

Infinitas grazas!!!!
Pronto nos volveremos ver pola aulas e, esta vez levaremos uns acompañantes moi especiais. Sabedes de quen se trata?

sábado, 2 de marzo de 2013

Coñecer un pouco máis a Chureca


Con este pequeno documental podemos coñecer un pouco máis a Chureca e os seus habitantes.
Hoxe non facemos ningunha reflexión. A veces, unha imaxe vale máis que mil palabras

lunes, 25 de febrero de 2013

Voces e rostros cara o cambio


Hoxe querémosvos explicar o proxecto integral dende outra visión. Dende os ollos dos mozos de Acahulinca e as testemuñas dos seus habitantes
"Cara a unha nova vida? Voces e rostros cara ao cambio"



Este video foi producido por poboadoras e poboadores do barrio Acahualinca, que participaron no Primeiro Taller de Produción Audiovisual Organizado por Dúas Xeracións.

viernes, 22 de febrero de 2013

Ser nena ou neno en Acahualinca



Todos e todas proveñen de familias en extrema pobreza, que subsisten dos traballos vinculados á recolección de lixo, ao cal os nenos se integran dende idades temperás. As nenas achegan á economía familiar traballando directamente na recolección de refugallos ou asumindo os labores domésticos do fogar. En ambas as dúas situacións están expostas a violencia e abusos, ademais de desvinculalas da escola. Esta situación fai que na súa maioría presenten baixo nivel académico, dificultades para a aprendizaxe e a integración social e unha baixa autoestima.

A poboación entre os 4 e 14 anos de idade representa o 26% da forza de traballo do Barrio Acahualinca. As nenas, nenos e adolescentes presentan cargas de traballo extenso e non remunerado, dedicándose principalmente a labores de recolección de materiais reciclables no recolledor de lixo municipal e nos centros de abasto existentes na comunidade, traballos catalogados de alto risco.


Esta situación condiciona enormemente a súa saúde, xerándolles danos físicos e psicolóxicos. Ademais, estas cargas laborais desvincúlanos da escola e dos espazos de recreación e para o seu desenvolvemento integral. A súa condición de traballadores infantís e o lugar onde viven estigmatízalles e fai que sufran discriminación, situación que os leva a excluírse e a non participar.


Por outra parte, as nenas e adolescentes son discriminados e existe maltrato físico e psicolóxico cara a elas. Nos seus fogares asumen o rol das nais ao coidar os irmáns menores e realizar os oficios domésticos. Nas súas casas hai un trato diferenciado, xa que nais e pais recoñecen a achega ao ingreso familiar do neno pero non recoñecen a achega da nena ao funcionamento do fogar dende o seu traballo doméstico. Por outro lado, os pais impídenlles saír á rúa ou participar en actividades, por considerar que é unha liberdade "só para homes".


A forma de relacionarse dentro da familia e cos seus pais está baseada nunha cultura de violencia, na que o maltrato físico e psicolóxico son constantes, ao igual que a descualificación ás capacidades e aptitudes da nenez, afectando a súa autoestima, seguridade e desexos de superación.

O ámbito non ofrece espazos nin oportunidades para a recreación sa e o crecemento persoal. O nivel de pobreza crea condicións adversas que afectan ao seu desenvolvemento, e o talento e as capacidades que teñen as nenas, nenos e adolescentes de Acahualinca non son recoñecidas.

lunes, 18 de febrero de 2013

Serve de algo un proxecto integral? Testemuñas


 

Arancha de Juan, actriz e participante no taller de teatro
O teatro, a música e a arte en xeral é liberación. É un modo de expresión da súa vida, dos seus anhelos, das súas ilusións, entón Que para que lles serve facer teatro? Pois lles serve para contar as súas historias, para sentirse máis fortes, máis seguros, máis válidos... sentir que son persoas que ten que comunicar algo.




Juan Borgas Morales, "participante no taller de teatro"

Penso que o meu papá e a miña mamá se senten orgullosos...
Antes só vivía na rúa xogando... eu fun ao teatro case de casualidade porque a "rapaza" me viu na rúa e entrei sen camisa, en short e descalzo. Así era a miña vida... na rúa, xogando, non facía nada. Despois que me metín no teatro cambioume 360 graos.




Daniel Rosales, educador de música en Dúas Xeracións.

Hai persoas que, cando escoitan mencionar "La Chureca" ou Acahualinca, como son os barrios máis marxinados, creen que só hai delincuencia e droga. Pero realmente na Chureca e Acahualinca é onde hai xente máis traballadora, máis loitadora, máis emprendedora... E o seu crecemento é incrible, porque se dedican a traballar.