lunes, 18 de febrero de 2013

Serve de algo un proxecto integral? Testemuñas


 

Arancha de Juan, actriz e participante no taller de teatro
O teatro, a música e a arte en xeral é liberación. É un modo de expresión da súa vida, dos seus anhelos, das súas ilusións, entón Que para que lles serve facer teatro? Pois lles serve para contar as súas historias, para sentirse máis fortes, máis seguros, máis válidos... sentir que son persoas que ten que comunicar algo.




Juan Borgas Morales, "participante no taller de teatro"

Penso que o meu papá e a miña mamá se senten orgullosos...
Antes só vivía na rúa xogando... eu fun ao teatro case de casualidade porque a "rapaza" me viu na rúa e entrei sen camisa, en short e descalzo. Así era a miña vida... na rúa, xogando, non facía nada. Despois que me metín no teatro cambioume 360 graos.




Daniel Rosales, educador de música en Dúas Xeracións.

Hai persoas que, cando escoitan mencionar "La Chureca" ou Acahualinca, como son os barrios máis marxinados, creen que só hai delincuencia e droga. Pero realmente na Chureca e Acahualinca é onde hai xente máis traballadora, máis loitadora, máis emprendedora... E o seu crecemento é incrible, porque se dedican a traballar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario