Pos estamos de sorte! Solidariedade Internacional de Galicia lanza o seu Programa de Vacacións Solidarias e este ano....un dos destinos é Manugua!
Por que participar?
Para ter a experiencia da túa vida! Coñecer a realidade que se vive en países do sur e achegarse á comprensión das causas da desigualdade e as súas posibles solucións.
Que é Vacacións Solidarias?
É unha oportunidade para coñecer de primeira man un proxecto de cooperación ao desenvolvemento, o traballo dunha ONG española e de ONG locais, pero sobre todo é unha oportunidade de coñecer, traballar e intercambiar con comunidades de países do sur que están a traballar na construción do seu propio desenvolvemento.Por que participar?
Para ter a experiencia da túa vida! Coñecer a realidade que se vive en países do sur e achegarse á comprensión das causas da desigualdade e as súas posibles solucións.Por que realizar esta experiencia con Solidariedade Internacional de Galicia?
Porque somos unha ONG con 26 anos de experiencia, e levamos 13 anos realizando este programa como un exercicio de transparencia das nosas actividades cara á sociedade. Temos oficinas en cada un dos países de destino, e son os e as cooperantes, xunto co persoal das ONG locais coas que traballamos en cada país, que coordinan a estanza das persoas que participan.Cales son os destinos?
En 2013 hai cinco países de destino:Bolivia: El Alto e La Paz.
Ecuador: Zona selva amazónica, Coca e ribeira do río Napo.
Haití: Departamento do Sud-Est, localidades de Belle Anse e Bainet.
Nicaragua: Managua.Zona Natural da Casa Mance: Senegal, Gambia e Guinea Bissau.
Aquí tedes o enlace con toda a información
http://www.solidaridadgalicia.org/blog/
No hay comentarios:
Publicar un comentario