viernes, 22 de febrero de 2013

Ser nena ou neno en Acahualinca



Todos e todas proveñen de familias en extrema pobreza, que subsisten dos traballos vinculados á recolección de lixo, ao cal os nenos se integran dende idades temperás. As nenas achegan á economía familiar traballando directamente na recolección de refugallos ou asumindo os labores domésticos do fogar. En ambas as dúas situacións están expostas a violencia e abusos, ademais de desvinculalas da escola. Esta situación fai que na súa maioría presenten baixo nivel académico, dificultades para a aprendizaxe e a integración social e unha baixa autoestima.

A poboación entre os 4 e 14 anos de idade representa o 26% da forza de traballo do Barrio Acahualinca. As nenas, nenos e adolescentes presentan cargas de traballo extenso e non remunerado, dedicándose principalmente a labores de recolección de materiais reciclables no recolledor de lixo municipal e nos centros de abasto existentes na comunidade, traballos catalogados de alto risco.


Esta situación condiciona enormemente a súa saúde, xerándolles danos físicos e psicolóxicos. Ademais, estas cargas laborais desvincúlanos da escola e dos espazos de recreación e para o seu desenvolvemento integral. A súa condición de traballadores infantís e o lugar onde viven estigmatízalles e fai que sufran discriminación, situación que os leva a excluírse e a non participar.


Por outra parte, as nenas e adolescentes son discriminados e existe maltrato físico e psicolóxico cara a elas. Nos seus fogares asumen o rol das nais ao coidar os irmáns menores e realizar os oficios domésticos. Nas súas casas hai un trato diferenciado, xa que nais e pais recoñecen a achega ao ingreso familiar do neno pero non recoñecen a achega da nena ao funcionamento do fogar dende o seu traballo doméstico. Por outro lado, os pais impídenlles saír á rúa ou participar en actividades, por considerar que é unha liberdade "só para homes".


A forma de relacionarse dentro da familia e cos seus pais está baseada nunha cultura de violencia, na que o maltrato físico e psicolóxico son constantes, ao igual que a descualificación ás capacidades e aptitudes da nenez, afectando a súa autoestima, seguridade e desexos de superación.

O ámbito non ofrece espazos nin oportunidades para a recreación sa e o crecemento persoal. O nivel de pobreza crea condicións adversas que afectan ao seu desenvolvemento, e o talento e as capacidades que teñen as nenas, nenos e adolescentes de Acahualinca non son recoñecidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario