Ola mozas e mozos! Como ides cos vídeos?? Tan só queda unha semana para a presentación dos vídeos. unha semana para a finalización do concurso!! Concretamente o venres da semana que ven, o 15 de febreiro.
Quen se vai a vir connosco ao concerto de Pachamama Crew? Un último esforzo que este grupo merece a pena! Queda o enlace dunha das nosas cancións preferidas "A semente"
Por se alguén anda aínda un pouco
perdida/o , repasamos os conselliños para axudarvos na labor:
1º _ Podedes facer unha choiva de ideas para saber cales serán as ideas e
escenas que queredes ensinarlles as/os mozas e mozos da Chureca.
2º_ Seguro que vos será útil redactar un guión, como no cine. Podedes
debuxar as distintas escenas o que vos facilitará a gravación.
3º _ Recordade que o interesante é que mostredes escenas da vida cotiá.
4º _ A música será moi boa cando non sepades que dicir.
5º _ Deixade voar a imaxinación e disfrutade da gravación xa que, ademais de ser para o concurso tamén será para vos mesma/os.
Recordade, como di na canción: " A esencia encóntrase na biodiversidade"
Moita sorte!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario