martes, 22 de enero de 2013

Ampliamos o prazo do concurso

Temos unha boa noticia! Ampliamos o prazo do concurso de vídeos ata o 15 de Febreiro.

Segundo as bases, o prazo para a presentación dos vídeos sería o 8 de Febreiro, é dicir, entrarían a concurso todos os sobres que chegasen co selo antes ou nesa data. Visto que día 8 é principio de Entroido, quedamos en retrasar unha semana máis o concurso e darlle así máis tempo as mozas e mozos, polo que a nova data de entrega será o día 15 de Febreiro.

Que o voso traballo non impida a celebración do Entroido



A dirección onde tedes que mandar os sobres é a seguinte

Att.- María Caride
Solidariedade Internacional de Galicia
CENTRO CÍVICO DE MONTE ALTO
R/ Vereda del Polvorín Nº 4
15002 – A Coruña

Recordamos como será o proceso para enviar os sobres:   nun sobre pequeno o CD, có título do vídeo, e noutro sobre pequeno os datos da persoa ou persoas que o realizaron, e os dous sobres pequenos nun sobre grande. Desta maneira, a selección das/os gañadores sería o máis transparente, xa que o xurado verá os vídeos sen coñecer os nomes da s persoas que os fixeron.

O xurado estará formado por: A directora de Solidariedade Internacional de Galicia, un membro da Xunta Directiva da organización e unha/o voluntaria/0.

sábado, 19 de enero de 2013

Máis arte na Chureca


Estes son os grandes resultados que saen con arte, paixón e moita solidaridade

Tema musical orixinal creado por  Julio Beltrán y Adrián Za, El Pana (Pachamama Crew) en colaboración cos nenos e nenas da Chureca durante o obradoiro impartido  en novembro 2010. "El tesoro" como se chama o tema, está composto a partir dos textos escritos polos participantes no obradoiro e, conta coa colaboración dos artistas nicaragüenses Lya Barrioz, Perrozompopo y Rommel Ocampo

jueves, 17 de enero de 2013

¿Pode o arte cambiar o mundo?

 Bos días a todas e todos!!

Pode o arte cambiar o mundo? "O Tesoro de Acahualinca" reflexa o proceso de aprendizaxe a través da música e teatro vivido polas nenas e nenos da Chureca e Acahulianca. Unha iniciativa enmarcada dentro do proxecto integral "O Tesoro de Acahualinca" no contexto de cambios que vive a Chureca a raíz do sellado so seu vertedoiro.



Deixobos ca conversación entre os artistas participantes na presentación en Madrid do documental "El tesoro de Acahualinca": Arantxa de Juan, Dolo Beltrán y Caïm Riba (Pastora), Ramón Mejía (Perrozompopo), Julio Beltrán y Adrian Za (Pachamama Crew), Eneisel Díaz (Dos Generaciones) y Juan Enrique Díaz (Apasib). Modera María Sande (Solidaridad Internacional).

sábado, 12 de enero de 2013

Unha axuda para o concurso

Ola mozas e mozos! Como ides cos vídeos?? por se alguén anda un pouco perdida/o aquí vos deixamos uns conselliños para axudarvos na labor:

1º _ Podedes facer unha choiva de ideas para saber cales serán as ideas e escenas que queredes ensinarlles as/os mozas e mozos da Chureca.

2º_ Seguro que vos será útil redactar un guión, como no cine. Podedes debuxar as distintas escenas o que vos facilitará a gravación.

3º _ Recordade que o interesante é que mostredes escenas da vida cotiá.

4º _ A música será moi boa cando non sepades que dicir.

5º _ Deixade voar a imaxinación e disfrutade da gravación xa que, ademais de ser para o concurso tamén será para vos mesma/os.


Recordemos tamén o premio!!

jueves, 10 de enero de 2013

Xa estamos de volta!!

 Xa estamos de volta! despois destas vacacións navideñas...mans á obra!
Como levades os vosos vídeos participativos? En outras palabras, cómo vai o concurso?
Veña, moito ánimo que estades a facer un traballo fabuloso. Aquí vos recordamos as bases do concurso...que o premio vai ser a bomba!



BASES DO CONCURSO

O concurso está destinado os/as xóvenes que participaron

nos obradoiros de Tesouro de Acahualinca. Entregaran a

súa/o profesora/or un CD no que este o vídeo participativo

que cumpra coas seguintes condicións:

- As obras deberán ser orixinais e inéditas e non durará

máis de entre 2 e 4 minutos.

- Deberá estar realizado polo grupo clase

- O obxectivo é que as mozas e mozos de Nicaragua

coñezan o que significa ser xoven en Galicia.

- A presentación será da seguinte forma: presentarase

nun sobre grande dous sobres pequenos, un sobre

conterá o CD có vídeo participativo e no 2º sobre os

seguintes datos: título do vídeo, os nomes das persoas

que fixeron o vídeo, clase e centro educativo.

- Data para a presentación do concurso 8 de Febreiro

de 2013.

- Resolverase a última semana de Febreiro 2013

- Solidariedade Internacional de Galicia designará un

xurado que estará formado por: un membro da

entidade financiadora, a Directora de Solidariedade

Internacional de Galicia e unha/o voluntaria/o da

organización

- Haberá 2 vídeos gañadores

- Premio: pago do autobús para a asistencia ao concerto

de Pachamama Crew que terá lugar en Santiago de

Compostela o 22 de marzo de 2013 en horario de

maña.

viernes, 28 de diciembre de 2012

viernes, 7 de diciembre de 2012

A miña experiencia como voluntaria en Acahualinca, por Ana Lampón




Día Mundial Comercio Xusto

Recen aterrizada na miña benquerida Galicia, aínda non están asentadas en min as emocións e experiencias vividas ao longo destes sesenta e catro días.
Aínda os recordos retornan pola miña cabeza coma imaxes dunha viaxe maxinada, coma si nunca tivera existido alén dun propio soño. Pois foron moitos os sentimentos xerminados durante a miña estancia neste fermoso país de auga e lume, debuxado con man divina de costa a costa. Nicaragua, país de lagos e volcáns, de xente humilde e traballadora, país de irmáns.
Da man de Solidariedade Internacional de Galicia e cunha bolsa da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, brindóuseme a incomparable oportunidade de participar nun proxecto de Cooperación ao Desenvolvemento levado a cabo en Acahualinca.
Acahualinca é un barrio capitalino do extrarradio de Managua, asentado á beira do Xolotlán (Lago de Managua), no extremo noroeste da cidade.

Trátase dun barrio empobrecido e marxinal no que preto do 90% da poboación vive directa ou indirectamente da recollida e reciclaxe do lixo da Chureca, o vertedoiro máis grande de Centro América.
Como explicar con palabras A Chureca? Nas miñas propias palabras: berce de dignidade humana. Penso que calquera que tivera a oportunidade de pisalo, de estar alí, de convivir coa súa xente, entenderá as miñas verbas. Malia que poda parecer controvertido identificar basura con dignidade, non considero cousa máis digna que traballar para alimentar á túa familia.
Nunca me esquecerei daquela primeira imaxe do vertedoiro cando Lucía e Yolanda me levaron alí aos poucos días da miña chegada a Managua.
Basurero ChurecaA efixie de caos e pestilencia retorna a min a cotío, mesmo cando estou a piques de durmir. Nenos, nenas, adolescentes, homes e mulleres, mesmo anciáns… Todos/as camiñando coas caras cubertas de farrapos a modo de mascarilla e “armados” cunhas varillas de ferro puntiagudo que empregaban como arpóns para remexer no lixo. Eran os churequeros. Ao seu par, animais de toda clase; domésticos coma gatos, vacas, burros, cabalos, cans, e os salvaxes buitres carroñeros chamados zopilotes.
Un indescriptible panorma se abría ante min…
Persoas, animais, maquinaria, montañas e montañas de lixo, compartían o solleiro dun típico día nicaraguano co só obxectivo de recolectar canto máis lixo posible. Así, coa recollida, comeza a longa cadea do reciclaxe, que da de comer á maioría da poboación de Acahualinca.
Actualmente A Chureca estase desmantelando, pois a cooperación española está a levar a cabo un Proxecto de Desenvolvemento Integral no barrio.
Este proxecto ten como finalidade converter o vertedoiro nunha planta de reciclaxe, dando traballo e vivenda aos propios churequeros. Nembargante, mentres se traballa neste fin, hai que dar unha alternativa a eses milleiros de persoas que viven o seu día a día do reciclaxe do lixo e que non poden esperar dous anos para seguir alimentándose.
Planta de reciclaxe
Cae de caixón que non tería sentido desmantelar o vertedoiro sen máis, sendo este case o único medio de subsistencia da poboación. Como digo, trátase de dar alternativas á comunidade, facilitarlle outro medio de vida. Para iso Solidariedade Internacional de Galicia, en colaboración coa contraparte local Dos Generaciones, involucrouse na creación dun Centro de Formación Laboral (CFL Rafael Reyes García) pretendendo rachar así o círculo vicioso da pobreza mediante a preparación e superación persoal dos adolescentes, homes e mulleres do barrio.
O CFL ubícase a tan só tres cuadras da entrada do vertedoiro, para facilitarlle á comunidade o acceso ao mesmo e pretendendo ser tamén punto de referencia para o barrio.
A actividade do centro resúmese na capacitación de xóvenes e adultos de entre 14 e 45 anos de idade en diferentes titulacións técnicas. Actualmente a oferta inclúe os títulos de serigrafía, repostería, corte e confección, beleza, refrixeración e reparación de motocicletas.
A vida no CFL non só é unha alternativa de formación nun oficio para os mozos e mozas, senón que é tamén unha alternativa de vida. É un espazo onde compartir problemas e ideas de futuro, bos e malos momentos vividos, soños e esperanzas de progreso, abeiros dunha vida mellor.
Xente da Chureca
Mais non só é útil o CFL para a xuventude, ou para os churequeros, o CFL é o lugar onde a cidadanía se sente escoitada e atendida, é o lugar onde poden acudir cando lles xurde calquera tipo de problema, o lugar onde senten que non camiñan solos.
E todas estas oportunidades xeradas son grazas ao labor que Solidariedade Internacional de Galicia está a desenvolver en Acahualinca dende o ano 2009 contando co financiamento de 175.000 euros da Xunta de Galicia e as achegas, tan importantes tamén, dos socios e socias da organización, e sen os cales, nada desto tería sido posible.
Inmensamente gracias Acahualinca por cambiarme a vida para sempre. Ana Lampón