Temos unha boa noticia! Ampliamos o prazo do concurso de vídeos ata o 15 de Febreiro.
Segundo as bases, o prazo para a presentación dos vídeos sería o 8 de Febreiro, é dicir, entrarían a concurso todos os sobres que chegasen co selo antes ou nesa data. Visto que día 8 é principio de Entroido, quedamos en retrasar unha semana máis o concurso e darlle así máis tempo as mozas e mozos, polo que a nova data de entrega será o día 15 de Febreiro.
Que o voso traballo non impida a celebración do Entroido
A dirección onde tedes que mandar os sobres é a seguinte
Att.- María Caride
Solidariedade Internacional de Galicia
CENTRO CÍVICO DE MONTE ALTO
R/ Vereda del Polvorín Nº 4
15002 – A Coruña
Recordamos como será o proceso para enviar os sobres: nun sobre pequeno o CD, có título do vídeo, e noutro sobre pequeno os datos da persoa ou persoas que o realizaron, e os dous sobres pequenos nun sobre grande. Desta maneira, a selección das/os gañadores sería o máis transparente, xa que o xurado verá os vídeos sen coñecer os nomes da s persoas que os fixeron.
O xurado estará formado por: A directora de Solidariedade Internacional de Galicia, un membro da Xunta Directiva da organización e unha/o voluntaria/0.
No hay comentarios:
Publicar un comentario