viernes, 1 de febrero de 2013

Os nadies

De cara ao fin de semana déixovos este micro-conto para reflexionar.

 


Soñan as pulgas con comprar un can e soñan os nadies con saír de pobres, que algún máxico día chova de pronto a boa sorte, que chova a chuzos a boa sorte; pero a boa sorte non chove onte, nin hoxe, nin mañá, nin nunca, nin en llovizna cae do ceo a boa sorte, por moito que os nadies a chamen e aínda que lles pique a man esquerda, ou levántense co pé dereito, ou empece cambiando o ano de vasoira.
Os nadies: os fillos dos nadies, os donos de nada.
Os nadies: os ningúns, os ninguneados, correndo a lebre, morrendo a vida, fodidos, refodidos:
Que non son, aínda que sexan.
Que non falan idiomas, senón dialectos.
Que non profesan relixións, senón supersticións.
Que non fan arte, senón artesanía.
Que non practican cultura, senón folclore.
Que non son seres humanos, senón recursos humanos.
Que non teñen cara, senón brazos.
Que non teñen nome, senón número.
Que non figuran na historia universal, senón na crónica vermella da prensa local.
Os nadies, que custan menos que a bala que os mata.



Os nadies. Eduardo Galeano

No hay comentarios:

Publicar un comentario