viernes, 28 de diciembre de 2012

viernes, 7 de diciembre de 2012

A miña experiencia como voluntaria en Acahualinca, por Ana Lampón




Día Mundial Comercio Xusto

Recen aterrizada na miña benquerida Galicia, aínda non están asentadas en min as emocións e experiencias vividas ao longo destes sesenta e catro días.
Aínda os recordos retornan pola miña cabeza coma imaxes dunha viaxe maxinada, coma si nunca tivera existido alén dun propio soño. Pois foron moitos os sentimentos xerminados durante a miña estancia neste fermoso país de auga e lume, debuxado con man divina de costa a costa. Nicaragua, país de lagos e volcáns, de xente humilde e traballadora, país de irmáns.
Da man de Solidariedade Internacional de Galicia e cunha bolsa da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, brindóuseme a incomparable oportunidade de participar nun proxecto de Cooperación ao Desenvolvemento levado a cabo en Acahualinca.
Acahualinca é un barrio capitalino do extrarradio de Managua, asentado á beira do Xolotlán (Lago de Managua), no extremo noroeste da cidade.

Trátase dun barrio empobrecido e marxinal no que preto do 90% da poboación vive directa ou indirectamente da recollida e reciclaxe do lixo da Chureca, o vertedoiro máis grande de Centro América.
Como explicar con palabras A Chureca? Nas miñas propias palabras: berce de dignidade humana. Penso que calquera que tivera a oportunidade de pisalo, de estar alí, de convivir coa súa xente, entenderá as miñas verbas. Malia que poda parecer controvertido identificar basura con dignidade, non considero cousa máis digna que traballar para alimentar á túa familia.
Nunca me esquecerei daquela primeira imaxe do vertedoiro cando Lucía e Yolanda me levaron alí aos poucos días da miña chegada a Managua.
Basurero ChurecaA efixie de caos e pestilencia retorna a min a cotío, mesmo cando estou a piques de durmir. Nenos, nenas, adolescentes, homes e mulleres, mesmo anciáns… Todos/as camiñando coas caras cubertas de farrapos a modo de mascarilla e “armados” cunhas varillas de ferro puntiagudo que empregaban como arpóns para remexer no lixo. Eran os churequeros. Ao seu par, animais de toda clase; domésticos coma gatos, vacas, burros, cabalos, cans, e os salvaxes buitres carroñeros chamados zopilotes.
Un indescriptible panorma se abría ante min…
Persoas, animais, maquinaria, montañas e montañas de lixo, compartían o solleiro dun típico día nicaraguano co só obxectivo de recolectar canto máis lixo posible. Así, coa recollida, comeza a longa cadea do reciclaxe, que da de comer á maioría da poboación de Acahualinca.
Actualmente A Chureca estase desmantelando, pois a cooperación española está a levar a cabo un Proxecto de Desenvolvemento Integral no barrio.
Este proxecto ten como finalidade converter o vertedoiro nunha planta de reciclaxe, dando traballo e vivenda aos propios churequeros. Nembargante, mentres se traballa neste fin, hai que dar unha alternativa a eses milleiros de persoas que viven o seu día a día do reciclaxe do lixo e que non poden esperar dous anos para seguir alimentándose.
Planta de reciclaxe
Cae de caixón que non tería sentido desmantelar o vertedoiro sen máis, sendo este case o único medio de subsistencia da poboación. Como digo, trátase de dar alternativas á comunidade, facilitarlle outro medio de vida. Para iso Solidariedade Internacional de Galicia, en colaboración coa contraparte local Dos Generaciones, involucrouse na creación dun Centro de Formación Laboral (CFL Rafael Reyes García) pretendendo rachar así o círculo vicioso da pobreza mediante a preparación e superación persoal dos adolescentes, homes e mulleres do barrio.
O CFL ubícase a tan só tres cuadras da entrada do vertedoiro, para facilitarlle á comunidade o acceso ao mesmo e pretendendo ser tamén punto de referencia para o barrio.
A actividade do centro resúmese na capacitación de xóvenes e adultos de entre 14 e 45 anos de idade en diferentes titulacións técnicas. Actualmente a oferta inclúe os títulos de serigrafía, repostería, corte e confección, beleza, refrixeración e reparación de motocicletas.
A vida no CFL non só é unha alternativa de formación nun oficio para os mozos e mozas, senón que é tamén unha alternativa de vida. É un espazo onde compartir problemas e ideas de futuro, bos e malos momentos vividos, soños e esperanzas de progreso, abeiros dunha vida mellor.
Xente da Chureca
Mais non só é útil o CFL para a xuventude, ou para os churequeros, o CFL é o lugar onde a cidadanía se sente escoitada e atendida, é o lugar onde poden acudir cando lles xurde calquera tipo de problema, o lugar onde senten que non camiñan solos.
E todas estas oportunidades xeradas son grazas ao labor que Solidariedade Internacional de Galicia está a desenvolver en Acahualinca dende o ano 2009 contando co financiamento de 175.000 euros da Xunta de Galicia e as achegas, tan importantes tamén, dos socios e socias da organización, e sen os cales, nada desto tería sido posible.
Inmensamente gracias Acahualinca por cambiarme a vida para sempre. Ana Lampón

jueves, 29 de noviembre de 2012

No IES de Carballo

Da igual as veces que veña a este instituto, sempre volvo encantada para casa.
Qué gusto da compartir un día cos mozos e mozas do IES Isidro Parga Pondal. Sodes maravillosos e maravillosas!!
Outra vez a mostra de que detrás dun gran alumnado, encontramos a labor dun gran profesorado

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Colexio Jorge Juan - Fene

Esta triste  fachada esconde algo máxico. Tras esta simple fachada encontranse un dos mellores equipos educativos que coñecín, e a gran mostra do seu traballo esta reflexada no increíble alumnado. Qué sensibilidade, que atención, que iniciativas....
Sen dúbida, un dos centros especiais que visitei
O mellor de todo é que, cando cres que xa o vestes todo, descubres que a calidade humana é increíble.
Isto animame seguir crendo que "Se pode cambiar o mundo" ou "un cambio é posibel"
Moitas grazas por axudarme a seguir crendo!

CPI Plurilingüe de VEDRA


Ao sur de Santiago, a beiras do Ulla atópase o concello de Vedra. E no seu colexio tivemos o luxo de compartir unhas sesións educativas do noso proxecto.
Grazas pola vosa colaboración!

martes, 27 de noviembre de 2012

IES DIONISIO GAMALLO FIERROS


Qué gusto da sempre visitar este centro! Qué gran profesorado e alumnado hai no Dionisio Gamallo, en Ribadeo. Realmente merece a pena a longa viaxe.
Moitas grazas a todas e todos! E moitísima sorte no concurso!
Un agradecemento especial a Manel, que gusto colaborar contigo!

jueves, 22 de noviembre de 2012

IES Urbano Lugrís

E a nosa seguinte parada foi na Coruña, no IES Urbano Lugrís.
Que gran traballo fixemos co alumnado.
Un gran día para celebrar o día internacional dos dereitos dos nenos.
Infinitos agradecementos ao centro, aos alumnos e alumnas e a África.

miércoles, 21 de noviembre de 2012

I.E.S Alfonso X - O Sabio

Qué gusto da visitar o I.E.S. Alfonso X "O Sabio" en Cambre! Tivemos o gusto de compartir dúas sesións con estas mozas e mozos o luns e o martes. Moitas grazas pola vosa participación :)
Moita sorte na participación do concurso!

martes, 20 de noviembre de 2012

I.E.S. MUGARDOS

Neste precioso emplazamento no noroeste de Galiza, situase o IES Mugardos.
Alí estivemos a semana pasada coas mozas e mozos coñecendo a realidade da Chureca.
Moitas grazas pola vosa participación!

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Un pequeno descanso


Esta semana facemos un pequeno descanso nos obradoiros do proxecto educativo para adicarnos de cheo noutro proxecto da oenegué.
Pero non vos preocupedes! Temos todo preparado para comenzar de novo a próxima semana.
A seguinte parada, o IES Alfonso X - Cambre

martes, 13 de noviembre de 2012

IES Castro Alobre

Hoxe tivemos o pracer de estar no IES Castro Alobre na bela Vilagarcía de Arousa. A pesar de ser ben cedo e un luns, tivemos unha sesión moi dinámica e participativa. Aquí deixo unha mostra dese traballo.
Grazas a todas e todos e, moita sorte no concurso!
Queremos facer una mención especial a Alba, unha profe cun gran corazón.

lunes, 12 de noviembre de 2012

Unha grata sorpresa en Guitiriz

Qué ledicia é coñecer un grupo tan extenso de mozas e mozos que loitan por un mundo xusto. Iso é o que nos encontramos no I.E.S. Poeta Díaz Castro, en Guitiriz. Un grupo de voluntariado disposto a todo.
Noraboa polo voso traballo! Noraboa pola esa loita!
De pequenos grans, podemos facer unha gran praia

jueves, 8 de noviembre de 2012

Castro de Baronceli

Hoxe estivemos no co alumnado de 2A e B da ESO do I.E.S. Castro de Baronceli
Bo traballo! Esperamos a vosa participación no concurso

Melide, terra doce

Melide terra doce. Non só pola súa rica repostería tradicional coa que fomos agasalladas, tamén polo bo sabor que nos deixa a súa xente.
Neste instituto comezamos a nosa campaña educativa, I.E.S. Melide
Agradecementos infinitos aos mozos e mozas, ao profesorado polo seu recibimento, polo seu trato, pola participación na campaña, pola súa empatía hacia o pobo de Acahaulinca, pola súa loita e aportación por un mundo mellor. GRAZAS!!
Vemonos en marzo, no nosa segunda visita cuns compañeiros/as especiais na viaxe Yelda, Paola e Juan.

martes, 6 de noviembre de 2012

A CHURECA

A Chureca é o vertedoiro más grande de América Latina e Centro América, con máis de 40 hectáreas de extensión.

Está situado no barrio de ACAHUALINCA, na capital Managua (Nicaragua)

Este vertedoiro é a fonte de traballo e lugar de residencia de milleiros de persoas. Nos arredores do vertedoiro, moran familias enteiras que conviven có lixo, como único medio de subsistencia en condicións de extrema pobreza e marxinación, con carencia dos servizos sociais básicos e, además, expostos a todo tipo de enfermiddes consecuencia da degradación, pulación e contaminación do medio ambiente.

Homes, mulleres, xoves, anciáns, nenas e nenos remexen entre os desperdicios na procura de plástico, metal, vidro, papel e calquera cousa que se poda reciclar e/ou vender. Traballan de sol a sol, polo que reciben menos dun dólar ao día.

En este documental podemos ver a realidade da Chureca
http://www.youtube.com/watch?v=J3RNXNZ2qnE&feature=related