domingo, 28 de abril de 2013

O vídeo de Paola

Paola, Yelda e Juan contaron a súa experiencia persoal na visita que fixeron nos centros educativos. Nalgunhas desas charlas, Paola poñía un vídeo musical no que participo co grupo Pachamama Crew.
 Hoxe recibimos a demanda dunha rapaza que quería ver ese vídeo e non o encontraba.
Pois aquí o tendes. Para esa rapaza que o demanda e para todas e todos vos!


http://www.youtube.com/watch?v=uQvg4WqZ9LA

Espero que vos guste! e recordade: "mellor que chorar, ledicia e amor"

miércoles, 24 de abril de 2013

O rap da invisibilidade



Dende o Colexio "Jorge Juan" en Fene, chega este fabuloso rap.
Noraboa rapaces! Unha letra increíble!!
Qué talento!

domingo, 21 de abril de 2013

Terras do Ulla



Aquí temos o terceiro vídeo gañador que nos faltaba por subir: Terras do Ulla


CPI VEDRA (A Coruña)
Título: Terras do Ulla
Curso: 4º ESO
Alumna: MELANIA
Colaboradores/as: melania, María; Yolanda, Paula, Laura, Iris, Noe, Estefanía,
Iria, Vanessa, Andrea, Alberto, Cristian, Óscar, Manuel, Dimitryi, Suso e Xalo

https://www.dropbox.com/s/eoo3j69tt6gyc0y/TERRAS%20DO%20ULLA.asf?n=110258696

Encantounos! O mellor de todo a vosa capacidade de traballo en equipo!
De 10!

viernes, 19 de abril de 2013

A day in the life



E hoxe comezamos o día cun novo vídeo.


IES ALFONSO X “O SABIO” (A Coruña)
Título:
A Day in the life
Curso: 4º ESO
Alumnas: ISUNY TOYAOAS ISAAC e LUCÍA CERNADAS VARELA

https://www.dropbox.com/s/utbmq18ca4l8leo/A%20day%20in%20the%20life.wmv?n=110258696


Tedes moito talento! Gustounos moito o xeito de enlazar as historias

miércoles, 17 de abril de 2013

Como é o meu día a día


IES ALFONSO X “O SABIO” (A Coruña)


Hola a mozas e mozos!
Aquí temos un dos vídeos gañadores do concurso.



Título: ¿Cómo es mi día a día?
Curso: 4º ESO
Alumno: MARTÍN BREA CASTRO

https://www.dropbox.com/s/jwd4hlc2px6nu8w/C%C3%B3mo%20es%20mi%20d%C3%ADa%20a%20d%C3%ADa.mp4?n=110258696


Noraboa Martín!! Moi simpático e divertido

martes, 16 de abril de 2013

Os vídeos gañadores

E como xa iba sendo hora... vamos a mostrarvos os vídeos gañadores do concurso.
Pero antes... vamos a recordar aos premiados!


 
- IES ALFONSO X “O SABIO” (A Coruña)
Título:
A Da yin the life
Curso: 4º ESO
Alumnas: ISUNY TOYAOAS ISAAC e LUCÍA CERNADAS VARELA
 
Título: ¿Cómo es mi día a día?
Curso: 4º ESO
Alumno: MARTÍN BREA CASTRO

- CPI VEDRA (A Coruña)
Título: Terras do Ulla
Curso: 4º ESO
Alumna: MELANIA
Colaboradores/as: melania, María; Yolanda, Paula, Laura, Iris, Noe, Estefanía,
Iria, Vanessa, Andrea, Alberto, Cristian, Óscar, Manuel, Dimitryi, Suso e Xalo

-MENCIÓN ESPECIAL
Rap de la invisibilidad
Paolo Hidalgo Cabrera ( 2º ESO) e Christian Casal Sanmiguel ( 3º
ESO)

Noraboa rapazas e rapaces!! Estade atentos ao blog...a vosas obras publicaranse nos vindeiros días :)

domingo, 14 de abril de 2013

O Saúdo de Santiago para os Nicaraguos

Silvia, unha estupenda rapaza italiana que está facendo as prácticas en Solidariedade Internacional de Galicia, escribiu estas palabras sobre o acto final do concurso: o concerto de Pachamama Crew





"O SAÚDO DE SANTIAGO PARA OS NICARAGUOS

Conclúese co concerto en Santiago de Compostela a visita dos rapaces nicaraguos PaolaYelda e Juan en Galicia.

Antes do espectaculo respirábase no aire un sentido de axitación e excitación xuntos para que todo fose perfecto.

Todo o equipo de Solidariedade Internacional traballou moito para organizar esa xornada que tiña que celebrar o final dun proxecto importante e tamén celebrar o feito de ter conseguido un proxecto máis difícil: mover as conciencias de todos aqueles que escoitaron as historias de PaolaYelda e Juan na Chureca.

Nese día foron premiados os gañadores do concurso de vídeo "O tesouro de Acahualinca" con lotes de produtos de Comercio Xusto e con moitos aplausos sobre todo para o empeño e o entusiasmo co cal fixeron ese traballo.

A participación de alumnos e alumnas, e dos Institutos en xeral, foi unha parte moi importante para o proxecto por que foi unha demostración de solidariedade e crenza no cambio.

O día conclueo  co concerto de Pachamama Crew, un grupo xip-xop, moi atado á cultura de America Latina, que coa súa música pon a atención sobre problemas sociais e dereitos humáns.

Ese é un exemplo do poder que ten a música de implicar a xente e sobre todo os xoves, de facelos reflexionar e afondar sobre temas relevantes dun xeito novo e orixinal.

O concerto foi moi divertido sobre todo para os alumnos que bailaron e cantaron todo o tempo.

Pero os grandes protagonistas do día foron PaolaYelda e Juan. Visiblemente emocionados, agradeceron a todos aqueles que participaron no proxecto e a todas as persoas que lles trataron come se fosen de casa.

Os tres nicaraguos son un exemplo de forza e representan as ganas de cambiar aquelo que hai de erróneo na sociedade, son un exemplo de educación social e de dignidade.

O día en Santiago non foi só de divertimento e música. Foi un día de reflexión, de significado e, esperamos, tamén unha lección para os máis xoves.

A mensaxe de conclusión perfecta para celebrar o final da visita dos rapaces en Galicia deuno a mesma Yelda que, despois das dificultades de toda a súa vida, sabe ser unha muller moi positiva e chea de esperanza «O futuro é a xente»."

miércoles, 10 de abril de 2013

Esa é a diferenza



Hoxe quero compartir convosco esta fermosa lenda que ten unha mensaxe moi bonita, espero que vos guste.



Había unha vez... un escritor que vivía nunha tranquila praia, preto dunha colonia de pescadores.
Todas as mañás ía camiñar pola beira do mar para inspirarse e as tardes concorríaas na súa casa escribindo.

Certo día, mentres camiñaba pola praia, viu un mozo que recollía estrelas de mar que estaban na area para tiralas novamente ao mar.

- Por que estás a facer isto? - preguntou o escritor.

- Vostede non o ve? - explicou o mozo - A marea está baixa e o sol está a brillar. Elas secaranse e morrerán se permanecen aquí, na area.

O escritor quedou paralizado polo que dixera o mozo, e el lle dixo:

- Novo, existen millóns de quilómetros de praia neste mundo e centenas de millóns de estrelas de mar esparexidas polas praias. Que diferenza hai? Devolves só unhas poucas estrelas ao océano e a maioría morre. Que diferenza hai?

- Para esa estrela, se fixen unha diferenza...

Aquela noite o escritor non puido escribir, nin sequera durmir. Pola mañá do seguinte día volveu á beira, buscou o mozo e uniuse a el, xuntos comezaron a botar as estrelas de mar ao océano.

AGORA SON DOUS OS QUE QUEREN FACER UN LUGAR MELLOR: ESA É A DIFERENZA.

sábado, 6 de abril de 2013

E agora saimos na TVG

Yelda, Paola e Juan van facerse famosos.
Antes de marchar, tiveron un anaco para ser entrevistados pola TVG


Aquí tedes o enlace:
http://www.crtvg.es/informativos/tres-mozos-nicaragueanos-visitan-galicia-para-contar-a-sua-experiencia-vivindo-a-caron-do-vertedoiro-da-chureca-554767

Qué emoción. Non hai mellor maneira de explicar o traballo que facemos en Acahualinca.
Viva Acahaulinca!
Viva Yelda, Paola e Juan!
Viva a nosa directora que é a mellor do mundo!
Viva Solidariedade Internacional de Galicia!
E grazas á TVG por interesarse por este proxecto

jueves, 4 de abril de 2013

O concerto



Esto si que foi o broche final do proxecto de sensibilización.
Non podemos estar máis contentas/os e agradecidas/os.
Infinitos agradecementos por participar, por facer esto posible... é increíble
Grazas a todas/os vos por participar!
Grazas aos centros educativos por abrirnos as portas!
Grazas a Yelda, Paola e Juan polas vosas palabras, a vosa historia, a vosa loita!
Grazas a Pachamamá Crew por poñerlle música e sentimento
Grazas a todolo voluntariado de Solidariedade Internacional de Galicia, sempre colaborando.
Grazas ao equipo técnico e directivo da Soli. Temos as mellores profesionais do social na plantilla!
Grazas, grazas, grazas a todas/os canda un/ha de vos!
Esto demostra...que otro mundo é posible.
Fagamos un cambio pola Solidariedade

Estamos a prepara un vídeo moi chulo do concerto. Pronto o subiremos ao blog.
Estade atentas/os!