Nestas fechas, non nos podemos olvidar da situación da Chureca.
Cos nosos mellores desexos...por un mundo mellor
http://www.youtube.com/watch?v=J3RNXNZ2qnE&feature=related
viernes, 28 de diciembre de 2012
viernes, 7 de diciembre de 2012
A miña experiencia como voluntaria en Acahualinca, por Ana Lampón
Recen aterrizada na miña benquerida Galicia, aínda non están asentadas en min as emocións e experiencias vividas ao longo destes sesenta e catro días.
Aínda os recordos retornan pola miña cabeza coma imaxes dunha viaxe maxinada, coma si nunca tivera existido alén dun propio soño. Pois foron moitos os sentimentos xerminados durante a miña estancia neste fermoso país de auga e lume, debuxado con man divina de costa a costa. Nicaragua, país de lagos e volcáns, de xente humilde e traballadora, país de irmáns.
Da man de Solidariedade Internacional de Galicia e cunha bolsa da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, brindóuseme a incomparable oportunidade de participar nun proxecto de Cooperación ao Desenvolvemento levado a cabo en Acahualinca.
Acahualinca é un barrio capitalino do extrarradio de Managua, asentado á beira do Xolotlán (Lago de Managua), no extremo noroeste da cidade. Como explicar con palabras A Chureca? Nas miñas propias palabras: berce de dignidade humana. Penso que calquera que tivera a oportunidade de pisalo, de estar alí, de convivir coa súa xente, entenderá as miñas verbas. Malia que poda parecer controvertido identificar basura con dignidade, non considero cousa máis digna que traballar para alimentar á túa familia.
Nunca me esquecerei daquela primeira imaxe do vertedoiro cando Lucía e Yolanda me levaron alí aos poucos días da miña chegada a Managua.
Persoas, animais, maquinaria, montañas e montañas de lixo, compartían o solleiro dun típico día nicaraguano co só obxectivo de recolectar canto máis lixo posible. Así, coa recollida, comeza a longa cadea do reciclaxe, que da de comer á maioría da poboación de Acahualinca.
Actualmente A Chureca estase desmantelando, pois a cooperación española está a levar a cabo un Proxecto de Desenvolvemento Integral no barrio.
Este proxecto ten como finalidade converter o vertedoiro nunha planta de reciclaxe, dando traballo e vivenda aos propios churequeros. Nembargante, mentres se traballa neste fin, hai que dar unha alternativa a eses milleiros de persoas que viven o seu día a día do reciclaxe do lixo e que non poden esperar dous anos para seguir alimentándose.
Cae de caixón que non tería sentido desmantelar o vertedoiro sen máis, sendo este case o único medio de subsistencia da poboación. Como digo, trátase de dar alternativas á comunidade, facilitarlle outro medio de vida. Para iso Solidariedade Internacional de Galicia, en colaboración coa contraparte local Dos Generaciones, involucrouse na creación dun Centro de Formación Laboral (CFL Rafael Reyes García) pretendendo rachar así o círculo vicioso da pobreza mediante a preparación e superación persoal dos adolescentes, homes e mulleres do barrio.
O CFL ubícase a tan só tres cuadras da entrada do vertedoiro, para facilitarlle á comunidade o acceso ao mesmo e pretendendo ser tamén punto de referencia para o barrio.
A actividade do centro resúmese na capacitación de xóvenes e adultos de entre 14 e 45 anos de idade en diferentes titulacións técnicas. Actualmente a oferta inclúe os títulos de serigrafía, repostería, corte e confección, beleza, refrixeración e reparación de motocicletas.
A vida no CFL non só é unha alternativa de formación nun oficio para os mozos e mozas, senón que é tamén unha alternativa de vida. É un espazo onde compartir problemas e ideas de futuro, bos e malos momentos vividos, soños e esperanzas de progreso, abeiros dunha vida mellor.
Mais non só é útil o CFL para a xuventude, ou para os churequeros, o CFL é o lugar onde a cidadanía se sente escoitada e atendida, é o lugar onde poden acudir cando lles xurde calquera tipo de problema, o lugar onde senten que non camiñan solos.
E todas estas oportunidades xeradas son grazas ao labor que Solidariedade Internacional de Galicia está a desenvolver en Acahualinca dende o ano 2009 contando co financiamento de 175.000 euros da Xunta de Galicia e as achegas, tan importantes tamén, dos socios e socias da organización, e sen os cales, nada desto tería sido posible.
Inmensamente gracias Acahualinca por cambiarme a vida para sempre. Ana Lampón
jueves, 29 de noviembre de 2012
No IES de Carballo
Da igual as veces que veña a este instituto, sempre volvo encantada para casa.
Qué gusto da compartir un día cos mozos e mozas do IES Isidro Parga Pondal. Sodes maravillosos e maravillosas!!
Outra vez a mostra de que detrás dun gran alumnado, encontramos a labor dun gran profesorado
Qué gusto da compartir un día cos mozos e mozas do IES Isidro Parga Pondal. Sodes maravillosos e maravillosas!!
Outra vez a mostra de que detrás dun gran alumnado, encontramos a labor dun gran profesorado
miércoles, 28 de noviembre de 2012
Colexio Jorge Juan - Fene
Esta triste fachada esconde algo máxico. Tras esta simple fachada encontranse un dos mellores equipos educativos que coñecín, e a gran mostra do seu traballo esta reflexada no increíble alumnado. Qué sensibilidade, que atención, que iniciativas....
Sen dúbida, un dos centros especiais que visitei
O mellor de todo é que, cando cres que xa o vestes todo, descubres que a calidade humana é increíble.
Isto animame seguir crendo que "Se pode cambiar o mundo" ou "un cambio é posibel"
Moitas grazas por axudarme a seguir crendo!
Sen dúbida, un dos centros especiais que visitei
O mellor de todo é que, cando cres que xa o vestes todo, descubres que a calidade humana é increíble.
Isto animame seguir crendo que "Se pode cambiar o mundo" ou "un cambio é posibel"
Moitas grazas por axudarme a seguir crendo!
CPI Plurilingüe de VEDRA
Ao sur de Santiago, a beiras do Ulla atópase o concello de Vedra. E no seu colexio tivemos o luxo de compartir unhas sesións educativas do noso proxecto.
Grazas pola vosa colaboración!
martes, 27 de noviembre de 2012
IES DIONISIO GAMALLO FIERROS
Qué gusto da sempre visitar este centro! Qué gran profesorado e alumnado hai no Dionisio Gamallo, en Ribadeo. Realmente merece a pena a longa viaxe.
Moitas grazas a todas e todos! E moitísima sorte no concurso!
Un agradecemento especial a Manel, que gusto colaborar contigo!
jueves, 22 de noviembre de 2012
IES Urbano Lugrís
E a nosa seguinte parada foi na Coruña, no IES Urbano Lugrís.
Que gran traballo fixemos co alumnado.
Un gran día para celebrar o día internacional dos dereitos dos nenos.
Infinitos agradecementos ao centro, aos alumnos e alumnas e a África.
Que gran traballo fixemos co alumnado.
Un gran día para celebrar o día internacional dos dereitos dos nenos.
Infinitos agradecementos ao centro, aos alumnos e alumnas e a África.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



