miércoles, 13 de marzo de 2013
O Tesouro de Acahualinca percorre Galicia
Durante os vindeiros días, Yelda, Paola e Juan percorrerán Galicia para falar da súa experiencia de vida ó carón do vertedoiro máis grande de América Central.
No barrio de Acahualinca (Managua) atopábase o vertedoiro da Chureca, do que ata hai ben pouco vivían milleiros de persoas. A cooperación internacional, a través dun programa integral, está a tratar de dar resposta a unha situación que xeraba grandes problemas sociais como o traballo infantil, a infravivenda, a insalubridade ou a violencia familiar, en definitiva, unha cara máis das tantas que ten a extrema pobreza.
Solidariedade Internacional de Galicia coa axuda da Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia leva tres anos apoiando este proceso tratando de ofertar alternativas laborais ós chamados “churequeros” que ata agora vivían do vertedoiro.
En colaboración coa organización local Dos Generaciones, estamos a traballar no centro de formación laboral “Rafael García Reyes” para mellorar a oferta educativa, especialmente destinada os mozos e mozas que, deste xeito, poderán aumentar ás súas expectativas laborais unha vez pechado o vertedoiro.
Seguindo coa nosa aposta polo traballo nos centros de educación secundaria, durante ás próximas dúas semanas, Yelda, Paola e Juan visitarán institutos de toda Galicia e contarán, dende a súa propia experiencia, como é a vida dun mozo en Acahualinca e de que xeito a cooperación internacional ten abordado os principias problemas desta parte do mundo.
Máis información no boletín de Solidariedade Internacional de Galicia
http://www.solidaridadgalicia.org/a-testemuna-do-cambio-no-vertedoiro-de-la-chureca/?fb_action_ids=4774101550162&fb_action_types=og.likes&fb_ref=facebook&fb_source=other_multiline&action_object_map=%7B%224774101550162%22%3A135881143256862%7D&action_type_map=%7B%224774101550162%22%3A%22og.likes%22%7D&action_ref_map=%7B%224774101550162%22%3A%22facebook%22%7D
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Despois da vosa charla só nos queda transmitirvos o agradecemento e o expreso desexo de que teñades sorte nas vosas vidas. O alumnado de 2º ESO do IES Ribadeo lembrará a vosa visita como un exemplo de madurez e unha lección de responsabilidade que espero que dinamice un pouco as súas vidas e lles sirva como toque de atención sobre o que debemos ser.
ResponderEliminarGrazas polo voso ánimo e polo voso espíritu de superación. É unha lección que debemos repetir. Ata ese momento MOITA SORTE!