sábado, 6 de julio de 2013

Nós podemos coñecer cos nosos propios ollos Acahualinca

Qué vos parece? Non vos gustaría coñecer de primeira man Acahualinca? Aportar o teu gran de area neste cambio social?
Pos estamos de sorte! Solidariedade Internacional de Galicia lanza o seu Programa de Vacacións Solidarias e este ano....un dos destinos é Manugua!

Por que participar?
Para ter a experiencia da túa vida! Coñecer a realidade que se vive en países do sur e achegarse á comprensión das causas da desigualdade e as súas posibles solucións.



Que é Vacacións Solidarias?

É unha oportunidade para coñecer de primeira man un proxecto de cooperación ao desenvolvemento, o traballo dunha ONG española e de ONG locais, pero sobre todo é unha oportunidade de coñecer, traballar e intercambiar con comunidades de países do sur que están a traballar na construción do seu propio desenvolvemento.

Por que participar?

Para ter a experiencia da túa vida! Coñecer a realidade que se vive en países do sur e achegarse á comprensión das causas da desigualdade e as súas posibles solucións.

Por que realizar esta experiencia con Solidariedade Internacional de Galicia?

Porque somos unha ONG con 26 anos de experiencia, e levamos 13 anos realizando este programa como un exercicio de transparencia das nosas actividades cara á sociedade. Temos oficinas en cada un dos países de destino, e son os e as cooperantes, xunto co persoal das ONG locais coas que traballamos en cada país, que coordinan a estanza das persoas que participan.

Cales son os destinos?

En 2013 hai cinco países de destino:
Bolivia: El Alto e La Paz.
Ecuador: Zona selva amazónica, Coca e ribeira do río Napo.
Haití: Departamento do Sud-Est, localidades de Belle Anse e Bainet.
Nicaragua: Managua.Zona Natural da Casa Mance: Senegal, Gambia e Guinea Bissau.

Aquí tedes o enlace con toda a información
http://www.solidaridadgalicia.org/blog/

domingo, 30 de junio de 2013

A cooperación está en perigo

Experiencias coma as da Chureca están en perigo. España é o país que máis recortou a súa axuda en cooperación en 2012.

Aínda en crise, nove países aumentan o seu AOD e renovan o seu compromiso co 0'7%, como Reino Unido.

Os datos publicados sobre a Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) do ano 2012 polo Comité de Axuda ao Desenvolvemento (CAD) da OCDE, no que se constata que España é o país que máis recortou a súa axuda en cooperación en 2012 (un 49,7%, ata situarse en tan só un 0,15% do PIB) pon de manifesto que a política de cooperación ao desenvolvemento, non é considerada polo Goberno como unha política pública. En efecto, erradicar a pobreza é cuestión de dereitos e de vontade política.

A loita contra a pobreza global con moi poucos recursos pode ter un grande impacto, pero o recorte sufrido pola política de cooperación foi desproporcionado. Calcúlase que con esta crise perdemos un 5% de riqueza en España, e o recorte foi dun 50%. Ademais, a xustificación dada en moitas ocasións polos representantes do Ministerio de Exteriores de que tivésemos que renunciar a axudar fóra por axudar dentro, foi algo demagóxico.

Non se trata só de solidariedade. Trátase de estar dunha forma responsable no mundo que nos toca vivir. España segue sendo un país rico a pesar da crise, estamos nunha renda per cápita duns 23.250 €, que comparado con outros países segue sendo moito. Hai problemas globais que hai que afrontar dende a responsabilidade global, o que implica investir algúns recursos e unha axenda política forte




Ante isto, manifestamos:

-Que estamos indignadas, si, pero máis alá de mostrar a nosa indignación, anunciamos que imos seguir loitando contra a pobreza dende as causas que a orixinan, mobilizándonos nas rúas e prazas de todo o mundo por un cambio de modelo máis xusto e máis equitativo para as persoas.

-Que ante este sistema que antepón os intereses duns poucos fronte ao ben común, pasamos á acción para construír xuntos un mundo mellor, buscando alianzas con movementos sociais e persoas a nivel global. Porque non están a facer crer que a pobreza é unha fatalidade. Pero lonxe desta falacia, a pobreza ten causas e responsables.

Polo tanto, dende Alianza pola Solidariedade -Habitáfrica + IPADE + Solidariedade Internacional-, berramos ben alto ante os gobernantes do mundo: Ímolo cambiar.

Ímolo cambiar reclamando dunha vez responsabilidade e vontade política firme na loita contra a pobreza, conseguir que as declaracións dos nosos gobernos sexan vinculantes, porque fan declaracións grandilocuentes, lévanse toda a atención mediática, e xeran un estado de opinión no que parece que se está a dar moito diñeiro, que se están a facer moitas cousas, cando en realidade eses compromisos non se cumpren.

E ímolo cambiar co apoio das persoas que contribúen ás ONG, que por certo a súa achega apenas se reduciu, dando o noso paso adiante para mobilizarnos como cidadanía española e esixindo á nosa clase política, sexa da ideoloxía que sexa, que cumpra estes mínimos que dixemos de responsabilidade política nun mundo global


Aquí tedes o enlace ao texto
http://www.solidaridad.org/Espana_lidera_la_reduccion_de_la_Ayuda_Oficial_al_Desarrollo.htm

miércoles, 26 de junio de 2013

¿Quen somos e que temos que ver ca Chureca?


Solidariedade Internacional é unha ONG española presente en Nicaragua dende a súa fundación en 1986. Dez anos despois inicia o traballo en Managua xunto a Dúas Xeracións, con programas relativos ás mulleres e a xuventude. Xa en 2005, a organización pon a súa atención nos sectores urbano marxinais de Managua, especialmente o barrio Acahualinca, centrándose na promoción dos dereitos humanos, sociais e económicos de mulleres, adolescentes e nenas en situación de inequidad e violencia de xénero e xeracional.

Conta con persoal presente de xeito continuado en Managua, polo que exerce de enlace entre todas as organizacións e organismos públicos implicados, levando o peso da coordinación e supervisión das actividades


A nosa páxina web :)
http://www.solidaridadgalicia.org/

sábado, 1 de junio de 2013

A planta de reciclaxe



A planta de reciclaxe é a culminación do Proxecto de Desenvolvemento Integral do Barrio de Acahualinca, que inclúe tres compoñentes: ambiental, socio económico e habitacional. O traballo levouse a cabo non só co esforzo da AECID (A Axencia Española de Cooperación Internacional) e das ONGD españolas e locais, senón tamén coa colaboración das autoridades. A poboación beneficiaria (258 familias) que traballaba e residía no vertedoiro, implicouse directamente no proxecto, o que supón a colaboración de aproximadamente 1.500 homes, mulleres e nenos, na intervención.

Chureca era un vertedoiro incontrolado, un asentamento que presentaba grandes problemas sociais como traballo infantil, amoreamento en infraviviendas, insalubridade, violencia intrafamiliare de xénero, altos índices de analfabetismo infantil e absentismo escolar, desnutrición e pobreza extrema.

Un asentamento sostible

Tras o comezo do proxecto, moitos dos poboadores de La Chureca foron formados e comezaron a traballar nas obras de selado do vertedoiro, a construción da planta de reciclaxe e a área de novas vivendas e servizos para os poboadores. Así mesmo, o persoal da planta de reciclaxe (450 a 500 empregados) está constituído, na súa gran maioría, polos antigos "churequeros". As vivendas están a ser entregadas en propiedade ás 258 familias censadas na data de inicio do proxecto. Mentres, se levaron a cabo accións para a alfabetización de adultos, a prevención do absentismo escolar e a integración de mozos en risco de exclusión, coa construción dunha Escola Taller de Formación Profesional, a Escola Taller Acahualinca, e outras moitas actividades, en coordinación coa Alcaldía de Managua.
O Barrio de Acahualinca, no que se sitúa La Chureca, dispón tamén, grazas a este proxecto, dun centro de saúde, un centro cultural comunitario, áreas deportivas e de ocio, un centro educativo e unha sub-estación de policía, que dan servizo aos habitantes das 258 vivendas construídas a raíz do proxecto, e ao resto de poboadores deste barrio da cidade de Managua. En total calcúlase que son máis de 16.000 os beneficiarios indirectos deste proxecto, que achegará unha xestión de residuos ambientalmente sostible aos dous millóns de habitantes de Managua.