lunes, 20 de mayo de 2013

Somos unha fermosa montaña

Imaxinemos unha fermosa montaña, quizais cun cumio cuberto de neve. Cando a miramos, vemos que ten un núcleo interior de paz e temperatura constantes, así que dá igual o que pase fóra: o interior non cambia.

Imaxinemos agora que as estacións van e veñen. O verán chega con raios, tormentas, inundacións e incendios, pero o interior da montaña permanece quieto, tranquilo e en calma. O verán dá paso ao outono, con ventos tempestuosos e follas que caen das árbores; logo chega o inverno e as súas nevadas e temperaturas xélidas; e este, cando se fonde a neve e se producen os aludes, convértese á súa vez en primavera. Non obstante, o núcleo interno, o belo espazo nas honduras das montañas, non se ve afectado por ningún destes cambios estacionais.

Nós somos como a montaña. Non habemos de deixar que sucesos de fóra nos quiten a dita nin a harmonía, á marxe do forte que bramen as tormentas e ouveen os vientos.Todos contamos con este núcleo interior de calma e tranquilidade. Está aí cando queira que o queiramos ou necesitemos. Se imos cara a dentro, accedemos á súa poderosa presenza sanadora. A montaña, por dentro, é perfecta; como o somos nós.

Imaxinemos agora que aparecen na montaña uns turistas. Chegan en tren, avión, coche, barco e outros sistemas de transporte. E todos opinan. Esta montaña non é tan bonita como unha que vin noutra parte. É demasiado pequena, ou demasiado alta, ou demasiado estreita, ou demasiado ancha. Pero á montaña dálle igual, pois sabe que é a esencia ideal de montaña.

Unha vez máis, somos como esa montaña.Digan o que digan os demais de nós, á marxe das súas críticas e xuízos, non temos que sentirnos afectados polas súas opinións, nin sequera das persoas próximas a nós, como a familia, os xefes ou os seres queridos. Neste sentido,somos sólidos e estamos ben afianzados á terra, como a montaña.

Aínda que o esquecésemos, xa somos perfectos. Sempre o fomos.

BRIAN WEISS

A miúdo dinnos "non podes cambiar o mundo". Din que o mundo é moi grande e nós moi pequenos como para exercer un peso suficiente, de modo que ao final todos os ánimos de facer algo se van pola drenaxe, ás veces ata desbotamos sonos persoais de realización, e vemos todo imposible.
A situación actual, a crise o paro...pensamos que non ten solución.
Pero vamos a ser como as montañas. Fortes, perfectas porque estamos seguros que calquer acto no nome de solidariedade, por moi pequeno que sea , sempre será sementeira.
Porque estamos demostrando, que sí podemos cambiar o mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario